A Canteira

A canteira de Miramontes

Situada na parroquia compostelá de Grixoa, desenvolveu unha actividade histórica de explotación de áridos ó longo dos anos. Esta canteira, que provocou un importante impacto paisaxístico e sobre o entorno, conta na actualidade cun plan de restauración das superficies afectadas pola actividade mineira que chegaron ó final do seu ciclo de explotación. O plan de restauración, é por lei, unha responsabilidade da propia canteira nas súas orixes.


Este plan incorpora entre os seus principais obxectivos: a integración ambiental e paisaxística destas zonas degradadas para dotalas das condicións básicas para posibilitar a reintegración destas superficies no ecosistema, dunha maneira sostible.

Ó amparo deste plan e coas autorizacións ambientais e administrativas necesarias desenvólvense dúas actividades de xestión e valorización de residuos, que teñen como fin a recuperación do espazo. Deste xeito, a canteira decidiu incorporar ó proxecto dúas empresas, por un lado UTE EYREGA, para a xestión do centro de vertidos non perigosos, e por outro lado a firma TECNOSOLOS, para as tarefas de selado unha vez que se alcancen as curvas de terreo.

 

Neste senso, destacar que, en concreto estas actividades, como calquera actividade humana e calquera actividade de recuperación de espazos degradados, poden xerar impactos e molestias puntuais e de moi baixa intensidade ós veciños máis próximos, que, en todo caso, veranse recompensados cando estes espazos degradados sexan recuperados e postos ó servizo da cidadanía.