O Vertedoiro

A Xestión de Residuos

CENTRO DE TRATAMENTO DE RESIDUOS INDUSTRIAIS DE UTE EYREGA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

O centro de tratamento de residuos industriais de Miramontes – Santiago de Compostela (A Coruña), é explotado dende xullo de 2015 pola UTE EYREGA, conformada por empresas altamente especializadas do sector medioambiental: Gestán Medioambiental, S.L. Sertego Servicios Medioambientales S.L.U. e Ullatrans Transporte y Logística S.L.

Dispón de Autorización Ambiental Integrada, con nº de rexistro 2006/0104_AIA/IPPC_030 e con código NIMA 1500076897 para residuos non perigosos e NIMA 1500076897 para residuos perigosos (amianto).

O CTRI conta cun depósito controlado do tipo D5 para a eliminación de residuos industriais non perigosos, ademais de residuos de amianto. O vaso de vertido ten unha capacidade útil total de 836.777,74 m3.

O CTRI presta os seus servizos de luns a venres de 8:30 a 13:00 h. e de 14:30 a 19:00 h. e trata os residuos de pequenos e grandes produtores, así como dos xestores autorizados, tanto de empresas privadas como de administracións públicas.

Dispón de instalacións contraincendios, rede de electricidade, rede de augas pluviais, fosa séptica e sistema de almacenamento, tratamento e depuración de augas industriais.

A depuración dos lixiviados procedentes do vaso de vertido realízase seguindo as mellores técnicas dispoñibles (MTD’s), a través dunha planta de ósmosis inversa de 100 m3/día e rendemento do 75%, conseguindo valores de vertido por debaixo dos límites marcados pola autorización de vertido. As instalaciones compleméntanse coas infraestruturas auxiliares necesarias para o seu correcto funcionamento: oficinas, laboratorio, nave almacén e vestiarios.