Tecnosolos

PLANTA ELABORACIÓN SOLOS ARTIFICIAIS

A planta de elaboración de solos artificiais (TECNOSOLOS GALAICOS) para a restauración medioambiental do oco mineiro unha vez situadas as antigas curvas de terreo, proverá dunha terra vexetal, procedente da valorización de residuos orgánicos coa que dotar as antigas zonas mineiras dun substrato (de cobertura) que posibilite a implantación dunha cuberta, natural e sostible, de carácter arbustiva e arbórea que asegure a incorporación destas zonas ó ecosistema (e curvas de solo) orixinal da zona.

INSTALACIÓNS PRINCIPAIS

  • Zona de recepción, descarga e almacenamento de residuos / materias primas. Dispón de tantas zonas de almacenamento estancas separadas, como tipos de residuos se utilizan para o seu correcto control e xestión. Os residuos líquidos e semisólidos, lodos desta tipoloxía, van directamente aos fosos construidos ao efecto na zona de mezclas.
  • Zona de mezclas. Dispón dunha explanada ampla para mezclas separadas de forma simultánea, e un mínimo dunha fosa para tratamento de residuos líquidos e semisólidos.
  • Zona de maduración e/ou estabilización. Zona de almacenamento en pilas onde se disporán as diferentes mezclas realizadas para a súa correcta estabilización e/ou maduración ata a súa saída da planta.
  • Zona de almacenamento de produtos listos para a súa distribución e aplicación.
  • Zona de carga e vial de saída de camións cos produtos acabados.
  • Toda a instalación contará con cuneta perimetral de recollida de pluviais e lixiviados, con descarga na balsa construida ao efecto.

INSTALACIÓNS AUXILIARES

  • Caseta de personal, oficina e control de entrada á planta.
  • Báscula de pesada de camións.
  • Área de almacenamento e mantemento de maquinaria.
  • Caseta xeneración eléctrica.
  • Punto limpo almacenamento residuos derivados de procesos produtivos e de mantemento.
  • Instalación xestión de auga.
  • Balsas de recollida de lixiviados e pluviais.

Se queres saber máis, visita tecnosolos.com